Ir a Página Principal
 Ancianos |Cooperación | Educación | Formación | Hogares Infantiles | Obra Social | Sanidad|
DÍA ESCOLAR POLA NON VIOLENCIA E A PAZ febrero 2008 
Colegio Virgen Milagrosa (Bueu)
DÍA ESCOLAR POLA NON VIOLENCIA E A PAZ febrero 2008 

DÍA ESCOLAR POLA NON VIOLENCIA E A PAZ febrero 2008 

   Para conmemorar o Día da Paz e a Non Violencia levamos a cabo unha serie de actividades que se foron desenvolvendo durante as xornadas precedentes á celebración conxunta do 30 de xaneiro.

   Na súa realización participamos todos os alumnos/as e profesorado de Ed. Infantil, Ed. Primaria e ESO.

   Nas clases fixemos as seguintes actividades:

- A oración diaria, especial para este día.
- Titorías sobre a Non Violencia.
- Aprendemos e cantamos cancións da Paz.
- Fixemos chapas para levar postas o 30 de xaneiro nos nosos xerseis. Os alumnos/as de 4º ESO da materia de Ed. Plástica e Visual confeccionaron os debuxos das chapas de Ed. Primaria e ESO.
- Fixemos un cartel e pombas coas que decoramos as ventás o primeiro andar e o porche do colexio.
- Os alumnos e alumnas da ESO elaboramos murais con cancións sobre a paz, premios nobel da Paz, frases e símbolos da paz, cos que decoramos o corredor do segundo andar.
- Aos alumnos/as de Ed. Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria léronnos no salón de actos  o conto “Unha estrela para a paz” cunha animación en Power Point.
- Proxectamos a curtametraxe BINTA e A GRANDE IDEA. Encantounos esta sorprendente e sinxela historia feita coa colaboración de UNICEF.  Todos podedes vela se a descargades en youtube.
DÍA ESCOLAR POLA NON VIOLENCIA E A PAZ febrero 2008 

   O día 30 de xaneiro fixemos un acto ao finalizar as clases no que participamos todos;

- Lemos o manifesto pola paz que colgamos na entrada do colexio, e outros textos elaborados polos alumnos e alumnas,
- Recollemos sinaturas do profesorado, o alumnado e as familias no libro de sinaturas do manifesto,
- Cantamos xuntos a canción pola paz.

 

DÍA ESCOLAR POLA NON VIOLENCIA E A PAZ febrero 2008 
Página inicial del Colegio Virgen Milagrosa (Bueu)
+ Recursos Día de la Paz
Alta-web |Comentarios | Email | Novedades | Encuentro | Portal | webmasters |               alfanet87,scp