ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER EN CADA CURSO
O día 30 de xaneiro celebramos o día da PAZ. Tivemos
unha xornada de talleres, traballando as seguintes actividades:
- E. Infantil: Debuxos sobre a PAZ e colocalos á entrada
das aulas e nas paredes do patio.
- 1º de Primaria moldear pombas da PAZ e colocalas na
parede do patio.
- 2º e 3º de primaria pintar flores de PAZ e colocalas
nas ventás dos corredores que dan ai patio.
- 4º de Primaria: Confeccionar imaxes con mensaxes
de PAZ e AMIZADE e colocalas nas ventás que dan o patio.

- 5º e 6º de Primaria: Buscar e compoñer
poesías sobre a PAZ e expoñelas nos corredores.
- 1º e 2º da ESO: Confeccionar cada curso unha
PANCARTA sobre a PAZ, escribindo nela como se pode colaborar para
construír a PAZ.
- 3º e 4º da ESO: Buscar frases célebres
sobre a PAZ, adecuadas ás idades, e poñelas polos
corredores.
CELEBRACIÓN EN COMÚN
- CANTO: A PAZ NON É UN POMBIÑA
- MONICIÓN : NON Á VIOLENCIA E SÍ A PAZ
- MANIFESTO POLA PAZ
- CANTO: DEÁMONOS TODOS A MAN
- REZAMOS XUNTOS “O NOSO PAI”
- E finalizamos coa seguinte ORACIÓN

A ti, Señor, presento a miña ilusión
e o meu esforzo;
en ti, meu Deus, confío, porque sei que me amas.
Que na proba non ceda ao cansanzo,
que a túa graza trunfe sempre en min.
Eu espero sempre en ti.
Indícame o teu camiño, ensíname as túas
sendas.
Que na miña vida se abran camiños de PAZ e ben,
camiños de xustiza e liberdade.
Faime constructor de PAZ
no medio da vida en que me puxeches.
Señor escoita os nosos desexos.
Fai que todos poidamos vivir en PAZ.
Que desapareza toda a violencia,
e que todos coñezamos días de xustiza e de PAZ
Amén
COLEXIO Virgen Milagrosa. BUEU
|